EUDIgualdade
O principio de igualdade entre homes e mulleres é o marco lexitimador que asume a Universidade da Coruña ao abeiro da normativa e valores da UDC. A Oficina para a Igualdade de Xénero fornece o soporte técnico preciso para acadar os obxectivos de igualdade. Neste espazo poderedes ver as últimas novedades e suxerencias que nos cheguen á EUDI dende a UDC Saudable e tamén as últimas actividades realizadas.
A Oficina para a Igualdade de Xénero ten como misión velar polo cumprimento do principio de igualdade entre mulleres e homes coa finalidade de acadar a plena incorporación das mulleres a vida política, cultural e científica no seo da UDC.
En moitos centros existe unha representante de igualdade que ten como misión colaborar coa Oficina para a Igualdade de Xénero (OIX) na potenciación de accións específicas, relacionadas co principio de igualdade, que se leven a cabo para a comunidade universitaria da UDC.
No noso centro a representante de igualdade é Ana Isabel Ares Pernas polo que poderás contactar con ela (ana.ares@udc.es) para calquer tema en materia de igualdade.
Neste espazo poderedes ver as últimas novidades e suxerencias que nos cheguen á EUDI dende a Oficina de Igualdade de Xénero e tamén as últimas actividades realizadas.
Invitámosvos a coñecer a Oficina de Igualdade de Xénero na web
Algunhas accións na EUDI:
Se tes alguna suxerencia acerca de algunha actividade para facer na EUDI en materia de igualdade invitámoste a deixar unha suxerencia aquí: