EUDIgreen
A Universidade da Coruña (UDC) asinou en febreiro de 2014 un convenio de colaboración coa Asociación de Educación Ambiental y del Consumidor (ADEAC), como membro da internacional Fundation for Environmental Education (FEE) para a implantación dos procedementos de xestión ecolóxica baixo a bandeira verde GreenCampus.
O xurado do programa Green Campus, na súa convocatoria 2019, avaliou as candidaturas ao galardón Bandeira Verde por parte da UDC. Tralo exame da documentación achegada e a visita ás instalación por parte do persoal de ADEAC, o xurado decidiu conceder a Bandeira Verde ao Campus de Ferrol polo seu exitoso desenvolvemento do programa GC nos cursos 2017/18 e 2018/19.
Esta concesión debe renovarse cada dous anos polo que debemos seguir traballando para manter a nosa bandeira verde. Para elo cada Facultad/Escola conta cun comité en cada centro. No caso da EUDI o comité está formado por:
- Rebeca Bouza Padín (PDI-coordinadora)
- José Antonio Pérez Rodríguez (Subdirector)
- Ana Isabel Ares Pernas (PDI)
- Manuel Martínez Carballo (PDI)
- Consuelo Rey Gómez (PAS)
- María Bañón Goiriz (Estudante)
- Mireia Maneiro García (Estudante)
Invitamosvos a coñecer o Green Campus e as súas actividades na web:
Se queres formar parte do Comité Ambiental da EUDI, inscríbete aquí:
Na EUDI temos dúas liñas de acción prioritarias “Residuos” e “Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social”.
Neste espazo poderedes ver as últimas novidades e suxerencias que nos cheguen á EUDI dende o Green Campus e tamén as últimas actividades realizadas.
Algunhas accións do Green Campus nas Facultades e Escolas:
Algunhas accións na EUDI:
Se tes algunha suxerencia acerca de algunha actividade “Green” para poñer en marcha na EUDI invitámosvos a deixar unha suxerencia aquí: